22 may 2012

El Greco


Transcorre o ano 1566. Tras fuxir da ocupación veneciana de Creta, a súa illa natal, o pintor Domenicos Theotocopoulos chega a Venecia e comeza a traballar no estudio de Tiziano, donde pronto destaca sobre o resto dos artistas. Alí é descuberto por Niño de Guevara, un sacerdote  español co que mantén unha extraña relación.
Anos despois, o pintor trasládase a Madrid e namórase de Jerónima de las Cuevas, filla dun noble militar, coa que ten un fillo. A parella establecese en Toledo, cidade na que El Greco triunfa como artista.
A súa privilexiada posición lévalle a rodearse das máis altas esferas políticas e relixiosas,  incluindo ao seu antigo amigo Niño de Guevara, agora convertido no Gran Inquisidor. Debido ao profundo rexeite que o artista sinte pola Inquisición pronto lle levará a enfrontarse abertamente con él







FICHA TÉCNICA:
TÍTULO: El Greco (El último desafío a Dios)
DIRECTOR: Iannis Smaragdis
CRONOLOXÍA: 2008
ACTORES: Juan Diego Botto, Nick Ashdon, Laia Marull
GUIÓN: Jackie Pavlenko
MÚSICA: Vangelis

No hay comentarios:

Publicar un comentario