22 may 2012

El Greco


Transcorre o ano 1566. Tras fuxir da ocupación veneciana de Creta, a súa illa natal, o pintor Domenicos Theotocopoulos chega a Venecia e comeza a traballar no estudio de Tiziano, donde pronto destaca sobre o resto dos artistas. Alí é descuberto por Niño de Guevara, un sacerdote  español co que mantén unha extraña relación.
Anos despois, o pintor trasládase a Madrid e namórase de Jerónima de las Cuevas, filla dun noble militar, coa que ten un fillo. A parella establecese en Toledo, cidade na que El Greco triunfa como artista.
A súa privilexiada posición lévalle a rodearse das máis altas esferas políticas e relixiosas,  incluindo ao seu antigo amigo Niño de Guevara, agora convertido no Gran Inquisidor. Debido ao profundo rexeite que o artista sinte pola Inquisición pronto lle levará a enfrontarse abertamente con él







FICHA TÉCNICA:
TÍTULO: El Greco (El último desafío a Dios)
DIRECTOR: Iannis Smaragdis
CRONOLOXÍA: 2008
ACTORES: Juan Diego Botto, Nick Ashdon, Laia Marull
GUIÓN: Jackie Pavlenko
MÚSICA: Vangelis

Dalí





1940, Dalí e a súa dona Gala chegan a Nova York. Ainda é un descoñecido en América, pero ten planes moi ambiciosos e pretende non figurar no anonimato durante moito tempo. Un periodista do Time entrevista á parella. Dalí explícalle a súa singular vida, remontándose a súa infancia. Unha descripción da relación familiar cunha nai adorada e un pai autoritario, moitas veces odiado. Narra tamén a súa particular relación con presonalidades como Federico García Lorca, Luis Buñuel, Jean Cocteau, Henry Miller e Pablo Picasso. 









FICHA TÉCNICA:
TÍTULO: Dalí
DIRECTOR: Antoni Ribas
CRONOLOXÍA: 1990
ACTORES: Lorenzo Quinn, Sarah Douglas, Michael Catlin, Katherine Wallach, Francisco Guijar, Rosa Novell, Boris Lukanof
GUIÓN: Miquel Sanz, Enric Gomá, Antoni Ribas, Temístocles López

Soberbia






Unha adaptación da novela de William Somerset Maughan basada na vida do pintor Paul Gaugin. A primeira película do director Albert Lewin transforma a Gaugin en Charles Strickland, interpretado maxistralmente por Georges Sanders. Strickland é un home de costumes, que dun día para o outro abandona o seu fogar, a súa dona e aos seus fillos, e fuxe de Londres rumbo a París donde iniciará unha nova vida.











FICHA TÉCNICA
TÍTULO: Soberbia The Moon and Sixpence
DIRECTOR: Albert Lewin
CRONOLOXÍA: 1942 B/N
ACTORES: Georges Sanders, Herbert Marshall, Doris Dudley, Eric Blore; Albert Bassermann, Florence Bates
GUIÓN: John F. Seitz