10 dic 2011
Moulin Rouge
Toulouse-Lautrec, o artista tullido, encontra olvido e amizade entre os artistas do Moulin Rouge. Deixando o vistoso salón de baile, deambula polas rúas de Montmartre, recordando o accidente da infancia que o converteu nun tullido -un home con pernas de neno-. Recorda ao seu primer amor e ás súas crueles palabras "ningunha rapaza casará contigo, nunca". Cando se encontra a Marie, unha xove rapaza desesperada de axuda, él busca a súa amizade. Marie lle convence para que a leve para a súa casa, e pronto él ten unha muller por primeira vez. Pero a súa relación é turbulenta e finalmente descobre que ela só vivía con él polos seus cartos. Pretende acabar coa súa vida, hasta que se da conta de que todavía ten a súa arte para seguir vivindo.
7 dic 2011
Klimt
Viena, principios do século XX. O lexendario pintor Gustav Klimt, postrado no seu leito de morte, rememora nunha viaxe fantasmagórica os diferentes momentos da súa vida: a súa relación con ilustres vieneses como o arquitecto Adolf Loos ou o filósofo Ludwig Wittgenstein, o seu éxito rotundo en París e o doloroso rexeite en Viena por provocador, a súa paixón polas mulleres e a súa busca constante de perfección e amor.
11 nov 2011
exit through the gift shop
Exit Through the Gift Shop aborda unha interesante reflexión sobre o mercantilismo da arte nos nosos días. É a historia de Thierry Guetta, un excéntrico comerciante francés afincado nos Ánxeles que decide realizar unha película sobre a arte urbá e algúns dos máis celebres artistas do street artists, entre os que ademáis de Banksy encóntranse artistas como Space Invader o Shephard Fairey.
Banksy decide darlle a volta á cámara e grabar a Guetta, quen alentado polo propio Banksy adéntrase no fascinante mundo da arte urbá co alias de Mr. Brainwash. Unha película imprescindible para adentrarnos neste apasionante mundo.
10 nov 2011
rembrandt
En 1642, Rembrandt Harmenszoon van Rijn, o famoso pintor holandés, estaba no cumio da súa carreira cando morre a súa adorada esposa Saskia. Tras ese duro golpe, o seu traballo vólvese oscuro e recibe unha xélida acollida por parte de críticos e mecenas.
En 1656 está en bancarrota e consuélase con un novo amor, unha xove criada coa cal non pode casar pola sociedade na que viven e polas súas deudas. Pero Rembrandt encontrará unha maneira de manexar as súas dificultades...
20 oct 2011
Van Gogh, la película (Vincent & Theo)
O director Robert Altman lévanos a coñecer a verdadeira historia do xenial pintor Van Gogh, morto na miseria e cuias obras actualmente son das máis cotizadas polos coleccionistas de arte.
A película reflexa a vida dos dous irmáns Van Gogh, Vincent, o pintor e Theo, comerciante de arte quen non supo rentabilizar a pinturas de Vincent o que lle ocasionaba tremendos conflictos co seu irmán. Incomprendido e temido polos seus ataques de locura que leváronlle finalmente a quitarse a vida. A personaxe do famoso pintor é xenialmente interpretado por Tim Roth.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)